A vila romana de Toralla – A Movida

xullo, 2018

19xul20:00A vila romana de TorallaTEATRO | De balde20:00 Vila romana de Toralla

Máis

Detalles do evento

Volven as reacreacións a vila romana de Toralla. Durante os meses de xullo e agosto terán lugar as visitas teatralizadas á finca Mirambel.

Os visitantes acudirán a voda de Patricio e a súa muller e a través desta ceremonia achegaranse a diferentes escenas costumbristas do mundo romano.

A primeira visita terá lugar o xoves 12 de xullo ás 20:00 horas e repetirase ás 21:00 horas. Así mesmo ocorrerá os xoves 19 e 26 de xullo e o 2 e 23 de agosto. O sábado 11 de agosto, coincidindo coa Noite Branca, haberá representacións nun horario prolongado.

A actividade é de balde e é unha boa oportunidade para achegarnos a este período do noso pasado que tanta influencia ten no noso presente e coñecer os achados atopados nesta finca.

O conxunto data dos séculos IV e V e consta da vivenda dos propietarios, a súa familia e os seus servintes e dunhas salinas das que obtiñan sal marina para comerciar.

Hora

(Xoves) 20:00

Lugar

Vila romana de Toralla

36390 36390, Rúa de Canido, 105, 36390 Oia, Pontevedra

X