
Detalles do eventos
O espectáculo clown, A vida é un frenesí, é unha obra protagonizada por Adolfo ‘Popín’ Maguna Strasser e Manuel ‘Lolo’ Castro Lima, pallasos de profesión con máis de
Detalles do eventos
O espectáculo clown, A vida é un frenesí, é unha obra protagonizada por Adolfo ‘Popín’ Maguna Strasser e Manuel ‘Lolo’ Castro Lima, pallasos de profesión con máis de trinta e cinco anos de experiencia en escenarios de toda Galicia. Son actores, directores, guionistas de espectáculos teatrais, contacontos, magos, risoterapeutas… Un divertido dúo cómico cos mesmos denominadores comúns: a comunicación, a expresión e a risa.
Para a execución desta obra, transformaranse en LOL e POP, dúas almas en pena que viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación, móstrannos o paso do ser humano pola vida, desde a máis
tenra infancia ata o ocaso da vellez. Un espectáculo que amosa a estupidez humana, con pequenos sketches que falan do cotiá de xeito inxenuo e divertido, onde podemos descubrir o ridículos que podemos chegar a ser.
A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.
Baixo a atenta dirección de David Alonso, actor, pedagogo teatral e creador escénico, apañarán milleiros de risas. A cargo da escenografía e a iluminación, Beatriz de Vega, que aporta a beleza coa súa exquisita arquitectura escénica.
Máis
Hora
24 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual