VIALIA
bannerPicnicSesions

Conferencia e proxección sobre 'A viaxe continua'

07xul20:30Conferencia e proxección sobre 'A viaxe continua'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:30(GMT+02:00) De catro a catro

Detalles do eventos

Conferencia e proxección no café De catro a catro sobre a exposición A viaxe continua do artista e pintor Xosé Guillermo, que se pode visitar ata o 12 de xullo na Sede Afundación.

20.30h – Xosé Guillermo: artista urbano e viaxeiro. Beatriz San Ildefonso, conservadora do Museo de Pontevedra e membro do Instituto de Estudos Vigueses.

21.15h – O estudo da obra dun artista libre. Raquel de Ana, comisaria da exposición Xosé Guillermo. A viaxe continua.

21.45h – Proxección e coloquio.

Sobre a exposición A viaxe continua:
A exposición A Viaxe Continua, amosa unha boa selección da obra gráfica de Xosé Guillermo e parte da súa obra en formato maior, froito das súas numerosas viaxes por distintos países do mundo, recollendo o proxecto inconcluso que o propio artista deixou esbozado na súa idea de “O mundo para Vigo”.
Máis de dez anos despois do seu pasamento, familia e amizades collen o temón da súa Fundición Nautilus e créase este proxecto expositivo coa fin de amosar o legado artístico dun artista que quixo iluminar ao mundo coa súa arte.

Máis

Hora

(Mércores) 20:30(GMT+02:00)

Localización

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events