REVISTA VERAN

20xuñ19:0023:00A verbena volve ao Canellón da PombaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00 - 23:00(GMT+02:00) Canellón da Pomba

Detalles do eventos

Un ano máis, a Fundación Emáus organiza a Verbena da Pomba, unha xornada de música, comida e troula no Canellón da Pomba. O venres, 20 de xuño, entre as 19:00 e 23:00 h, terán lugar numerosas actividades para desfrutar coa veciñanza. A programación completa é a seguinte:

PROGRAMACIÓN COMPLETA

  • 19:00 h | Quentando motores!, o primeiro pase do grupo musical Sabor latino + apertura das Atraccións da Pomba
  • 20:00 h | Fala a veciñanza!, lectura do Pregón a cargo de Raquel e Esther do Galería Jazz + actuación do Coro Cantamañás, orquestrado por Su Garrido Pombo
  • 20:30 h | A papar!, merenda comunitaria (trátase dun espazo sen alcohol)
  • 21:00 – 23:00 h | Festa rachada!, o segundo pase do grupo musical Sabor latino

Se queres saber máis sobre o Canellón da Pomba ou descubrir a súa orixe, preme AQUÍ.

Máis

Hora

20 xuño, 2025 19:00 - 23:00(GMT+02:00)

Localización

Canellón da Pomba

Cjón. Pomba, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events