>

12xuñ19:0023:00Verbena da PombaAS NOSAS FESTAS | De balde19:00 - 23:00(GMT+02:00) Canellón da Pomba

Detalles do eventos

O Calexón da Pomba volverá converterse nun espazo de encontro veciñal coa celebración dunha nova edición da Verbena da Pomba, organizada pola asociación Emaús. Nos últimos anos, tal e como contamos na reportaxe central da revista de xuño de 2023, a veciñanza de Don Bosco e arredores xuntouse para rehabilitar un solar abandonado ata convertilo nun agradable espazo con plantas e cadeiras no centro da cidade. Bautizárono como Solar da Pomba, e esta será a súa última verbena, xa que a finais deste mes comezarán as obras para a construcción dun edificio no seu lugar.

A xornada contará con música en directo a cargo de Sabor Latino, Orysel Gaspar e Pedro Román, actividades para todas as idades, intervencións artísticas de Ignacio Pérez-Jofre e Alberto Ardid, unha merenda comunitaria, a tradicional rifa do barrio, o pregón protagonizado pola rapazada do barrio e unha homenaxe ao Solar da Pomba.

PROGRAMACIÓN

19:00 QUENTANDO MOTORES!

  • 1º pase do grupo musical “Sabor latino”
  • Abrimos actividades: Pintacaras, Adopta unha planta do Solar, A cápsula de son…

19:45 A DESPEDIDA DO SOLAR

  • Presentación “O muro do Solar da Pomba”. Intervención artística de Ignacio Pérez-Jofre e Alberto Ardid
  • Os concertos do Solar: Orysel Gaspar e Pedro Román

20:30 A VECIÑANZA FALA!

  • Lectura do pregón a cargo da rapazada do barrio

21:00 A PAPAR E FESTA RACHADA!

  • Merenda comunitaria
  • 2º Pase do grupo musical “Sabor latino”

22:00 A RIFA DA POMBA

  • Premios do comercio do barrio!

Hora

12 xuño, 2026 19:00 - 23:00(GMT+02:00)

Localización

Canellón da Pomba

Cjón. Pomba, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events