A tropa do Doutor Milagre
Detalles do eventos
Co gallo da celebración do Día Mundial do Teatro o próximo 27 de marzo, a Deputación de Pontevedra ten programadas dúas pezas de teatro infantil, unha na sede
Detalles do eventos
Co gallo da celebración do Día Mundial do Teatro o próximo 27 de marzo, a Deputación de Pontevedra ten programadas dúas pezas de teatro infantil, unha na sede de Pontevedra e outra na de Vigo.
O sábado 27 de marzo en Vigo a compañía Inventi Teatro representará no exterior da sede provincial no Casco Vello, a partir das 12 horas, a obra “A tropa do doutor Milagre”.
É un espectáculo de rúa para todos os públicos con música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia e maxia. O protagonista da historia, un médico-inventor agoniado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, toma unha arriscada decisión: Facerse con un autobús abandonado para convertelo nun auténtico show de venta ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e Madame Bobarí. A dirección da obra corre a cargo de Inventi Teatro e a protagonizan Bea Campos, Marcos Alonso e Paulo Medal.
Debido a estas restricións, para asistir aos espectáculos, as persoas interesadas deberán reservar butaca no enderezo electrónico participa.cultura@depo.gal (cun máximo catro reservas por persoa).
Máis
Hora
27 marzo, 2021 12:00(GMT+01:00)
Localización
Sede da Deputación de Pontevedra
Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes