A terapia do Doutor Menguele – A Movida

decembro, 2018

02dec19:00A terapia do Doutor MengueleTEATRO | De balde19:00 Atlántida de Matamá

Máis

Detalles do evento

O sábado día 2 de decembro ás 19:00h na SCD Atlántida de Matamá, estrease a obra “A terapia do Doutor Menguele”  do Grupo “Tarantela” do CSCR de Beade.

HISTORIA DO GRUPO DE TEATRO TARANTELA
Tarantela nace en 1999, formado maioritariamente por mulleres da parroquia ás que une o seu amor pola arte e a interpretación.
A primeira obra representada por este grupo foi Mórdeme, baixo a dirección dun membro do grupo, o 17 de xuño do 2000 no auditorio do CSCR de Beade.
Ao longo dos anos, o grupo tamén representou obras como O complexo, As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, A tía lambida, Os vellos non deben namorarse, Vostede ten ollos de muller fatal, O pasado e o presente, O cadáver do Señor García, adaptadas e dirixidas por Eva Vila.
No 2013 estrearon O achado do Castro baixo a dirección de Mónica Costas.
Xa con Rocío Salgado de directora, o grupo representou Un cadáver ás dez e actualmente A terapia do Doutor Menguele, unha obra adaptada do texto orixinal La maté porque era tuya de Jorge Moreno.

FICHA TÉCNICA

SINOPSE
Unha mañá calquera na consulta do reputado Doutor Menguele.
Chega un novo pacente cun síndrome descoñecido para contar a súa historia, a historia dun psicópata!

REPARTO
DOUTOR MENGUELE – Fabián Bastos
ENFERMEIRA – Pilar Vila
SEÑOR MÁRQUEZ – Samuel Prieto
NAI – Solita Vila
HOME DO SACO – José Barros
EDUVIGIS – Isabel Fernández
CATALINA – Adela Estévez
CONCIENCIA – Carmen Correa
NOIVO – Carmen Vila
SEÑORITA PISUERGA – Maribel Estévez
SEÑORITA TAYLOR – Pilar Fernández

DURACIÓN ESTIMADA: 50 MINUTOS

Hora

(Domingo) 19:00

Lugar

Atlántida de Matamá

Rúa dos Canteiros, 53, 36213 Vigo, Pontevedra

X