
Detalles do eventos
Paralelamente á programación musical, formada polo momento por Alejandro Sanz, Pablo López, Andrés Calamaro, Ana Mena, Beret e David Bisbal, Castrelos acolle tamén unha serie de espectáculos dirixidos
A selva, protagonista dos dous novos espectáculos infantís para Castrelos
Paralelamente á programación musical, formada polo momento por Alejandro Sanz, Pablo López, Andrés Calamaro, Ana Mena, Beret e David Bisbal, Castrelos acolle tamén unha serie de espectáculos dirixidos ao público familiar. Ambos son musicais baseados en coñecidas obras de ficción literaria e cinematográfica: El libro de la selva e Tarzán.
El libro de la selva terá lugar o mércores 2 de agosto e Tarzán, el musical o mércores 9 de agosto. Estes espectáculos suman aos dous xa confirmados ata agora: Rayuela (mércores 12 de xullo) e ‘La ratita presumida’ (mércores 19 de xullo).
El libro de la selva
Un espectáculo para desfrutar en familia que nos traslada a un espazo máxico e nos fará sentir inmersos na voluptuosa natureza de imaxes, luces e sons ata o punto de sentirnos parte do espectáculo e apoiado polas diferentes interaccións que este propón ao espectador.
Tarzán, el musical
Tarzán, el musical, é sobre todo unha festa, un divertimento, que fará desfrutar a nenos, mozos e maiores… un teatro amable, didáctico, que utiliza a arma do humor, os bailes e as cancións para conseguir que o espectador consiga ver o eterno mito do home da selva e todos os personaxes que o envuelven: monos, patos salvaxes, gorilas, arañas, cocodrilos, acompañantes de safari e exploradores malvados…
ESPECTÁCULOS INFANTÍS
12 xullo: ‘La Rayuela‘ de Martina y los Supersingers
19 xullo: ‘La ratita presumida‘ de La Murga Teatro
2 agosto: ‘El libro de la selva‘ de El Molino
9 agosto: ‘Tarzán, el musical‘ de Rodetacon Teatro
CONCERTOS
8 xullo: Andrés Calamaro
15 xullo: David Bisbal
24 xullo: Pablo López
27 xullo: Alejandro Sanz
5 agosto: Beret
15 agosto: Ana Mena
Máis

(Mércores) 19:00