REVISTA NADAL

Este é un evento repetitivo

09xan19:30Ciclo de charlas sobre cultura e historia de GaliciaACTIVIDADES PARA O COCO |De balde19:30(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

A Sala Rebullón arranca o ano novo cunha proposta de charlas e proxeccións culturais vinculadas á nosa terra. Terán lugar todos os venres do mes na Sala Rebullón e serán abertas e de acceso libre para todo o mundo. Ao remate de cada unha, farase un coloquio no que compartir e aprender en comunidade.

  • Venres 9 (19:30h): Eduardo de Martís presenta o seu proxecto Galicia Latente (@galicia_latente) que se centra no estudo e valorización da identidade cultural galega.

  • Venres 16 (19:30h): Celso López Pazos historiador e membro da Asamblea Republicana de Vigo (@arepublicanavigo) falará da represión na comarca desde o 1936 ata 1939.

  • Venres 23 (20:00h): En colaboración co Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia (@clubpenatrevinca) celebrarase unha conferencia-coloquio co historiador Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval.

  • Venres 30 (19:30h): Mabel Rivera e Enrique Banet presentarán a longametraxe “A loita final”, onde se analizan os efectos da instalación da macroplanta de celulosa de Altri preto de Palas de Rei. @fundaciongaliciaverde @plataformaulloaviva @palas_viva

Hora

9 xaneiro, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events