A saia raiña – A Movida

setembro, 2018

25set(set 25)18:0028nov(nov 28)20:30A saia raiñaEXPOSICIÓN TEMPORAL | De balde(setembro 25) 18:00 - (novembro 28) 20:30 Casa das Artes

Máis

Detalles do evento

Baixo a produción de Rita Más Ybáñez (directora de PAPUXA. Comunicación), A saia raiña é unha exposición de testemuños audiovisuais, coa intención de dar voz a quen non fora escoitada e mantivo ao noso lado un costume, que polo menos, desvela novamente a desigualdade existente entre homes e mulleres, tanto no acceso á cultura, ás festas e participacións sociais, como no status persoal e mesmo no dereito a manifestar os sentimentos.

Esta mostra non é soamente unha exposición fotográfica nin audiovisual por cuestión das artes plásticas, é unha testemuña de mulleres, unha mostraxe da nosa historia recente, da nosa cultura e costumes sociais e das desigualdades acontecidas e narradas polas súas propias protagonistas. As protagonistas son mulleres galegas que continúan enloitadas no século XXI e falan das súas vivencias dende nenas. Son mulleres que por costume social, imposición moral ou crenza relixiosa tiveron que gardar loito temporalmente, e tamén durante toda a súa vida. Son mulleres que non asistían a festas, romarías e outras manifestacións pois o loito as deixaba excluídas.

As gravacións foron recollidas percorrendo as nosas aldeas, municipios, parroquias e cidades en Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra, desde o ano 2006 ao 2018. Moitas das fotografías e vídeos, parecen pertencer a tempos afastados da nosa tecnoloxía, dos avances e de todas as nosas innovacións.

O dó axuda a superar a grande ausencia dos seres queridos, pero non é fácil entender como as avoas, as tías, as irmás, as fillas, e as nais galegas, eran criticadas cando rompían o costume de gardar loito para poder exercer a liberdade de elixir a cor das súas vidas.

A exposición estará do 25 de setembro ata o 28 de novembro.

HORARIOS:
De luns a sábado: de 18:00 a 21:00 h
Sábados, domingos e festivos: de 12:00 a 14:00 h

Hora

Setembro 25 (Martes) 18:00 - Novembro 28 (Mércores) 20:30

Lugar

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

X