XERAIS

21marTodo o día22Festa da Reconquistaas nosas festas | de balde(Todo o día)(GMT+01:00) Plaza do Berbés

Detalles do eventos

A Festa da Reconquista en Vigo conmemora un feito histórico que tivo lugar no ano 1809, cando os vigueses recuperaron a cidade das mans dos franceses liderados por Napoleón. Dende entón, a cidade celébrao rendendo homenaxe aos seus heroes e mantendo viva a memoria deste acontecemento. A cidade vístese de gala para acoller a esta celebración única, que combina a historia coa diversión e a cultura.

A programación comeza o sábado 21 de marzo coa tradicional representación da destitución da comitiva francesa e a chegada das tropas napoleónicas. Ao día seguinte, o domingo 23, terá lugar unha foliada popular no Casco Vello.

A semana grande comeza coa Reconquistiña o luns 23, na que máis de 2000 escolares de 48 centros participarán en diferentes actividades matutinas para coñecer a historia detrás da festa. O venres 27, coa apertura do mercado, empeza a fin de semana principal da celebración, que culminará o domingo 29 ás 18:00 h coa representación principal no torreiro da Porta do Sol. Esta representación, como sempre, está protagonizada por actores e actrices amateurs que ensaian durante meses. O horario do mercado de artesanía e alimentación é de 17:00 h a 23:30 h o venres, de 11:00 h a 23:30 h o sábado e de 11:00 h a 21:00 h o domingo.

Sábado 21 de marzo: Praza do Berbés:
17:00 h Obradoiro de danzas tradicionais Portuguesas
19:00 h Actuación grupo Estántighas do Berbés
20:00 h Destitución da corporación por afrancesada
20:45 h Actuación GEFAC da Academia de Coimbra
21:00 h Búsqueda do tesouro para adultos – Inscrición previa: https://forms.gle/A3zQi1dc4Erxcc3M7
21:45 h Actuación do Grupo Os Melidaos

Domingo 22 de marzo: Praza do Berbés
11:00 h Demostracións de oficios tradicionais
11:30 h Obradoiro de baile tradicional dirixido por André Adrio
12:00 h Búsqueda do tesouro peques – Inscrición previa: https://forms.gle/A3zQi1dc4Erxcc3M7
13:30 h Actuación gaiteiros Os Tolleitos
14:30 h Xantar popular
17:00 h Foliada Popular
17:30 h Búsqueda do tesouro peques

Hora

21 marzo, 2026 - 22 marzo, 2026 (Todo o día)(GMT+01:00)

Localización

Plaza do Berbés

Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events