
12feb18:30A Pousada do Tru-TruESPECTÁCULOS | De balde18:30 Auditorio CSCR de Beade
Detalles do eventos
“A Pousada do Tru-Tru” de Desfeita Teatro narra a historia de unha compañía de teatro en decadencia que ten que representar unha farsa malia que algúns dos seus
A Pousada do Tru-Tru
“A Pousada do Tru-Tru” de Desfeita Teatro narra a historia de unha compañía de teatro en decadencia que ten que representar unha farsa malia que algúns dos seus compoñentes non concorden co disposto por Don Pirulí Polichinelo, xefe e director da pequena compañía. Finalmente imponse o criterio de Don Pirulí e represéntase a obra, que se desenvolve na Pousada do Axí e da Pementa, lugar onde se exerce a profesión máis antiga do mundo. Nela, o Xeneral Cataplum namórase de Colombina, pero estrala a guerra en París e o Xeneral parte para alá con promesas de voda á súa volta. Mentres, a xove Colombina esperta o amor de Arlequín, de Pierrot, do vello Goyito Verde e desátase a tolemia! Todos eles farán o imposible para roubar o corazón de Colombina, namentres, Quintina e Madame, velarán para que o negocio non decaia.
Está programada para o 12 de febreiro ás 18:30H no Auditorio do C.S.C.R. de Beade. Entrada de balde.
Vídeo da obra: https://www.youtube.com/watch?v=OQdl13V24HU
Máis

(Domingo) 18:30
Auditorio CSCR de Beade
Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)