Detalles do eventos
A Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a compañía Barafunda e o saxofonista Rafael Yebra únense este sábado 29 en Sinfonía de Soños, un espectáculo infantil e familiar de
Detalles do eventos
A Agrupación Musical Atlántida de Matamá, a compañía Barafunda e o saxofonista Rafael Yebra únense este sábado 29 en Sinfonía de Soños, un espectáculo infantil e familiar de acceso gratuíto.
A Porta do Sol convértese este sábado nun escenario para toda a familia. Ás 19:00 h representarase Sinfonía de Soños, unha proposta que mestura música en directo e artes escénicas da man de tres nomes ligados á cultura viguesa e galega: a Agrupación Musical Atlántida de Matamá, Barafunda e o saxofonista Rafael Yebra.
A música correrá a cargo da formación de Matamá, dirixida por Enrique Lorenzo Vila, catedrático de Trompa no Conservatorio Superior de Música de Vigo e tamén responsable da Escola de Música e da Coral Atlántida de Matamá. Á banda sumarase o saxofón de Rafael Yebra, profesor no Conservatorio Superior vigués e músico cunha ampla traxectoria na creación contemporánea, con colaboracións con formacións como Vigo430 ou a Real Filharmonía de Galicia.
A parte escénica queda en mans de Barafunda, compañía galega fundada en 2009 que traballa con linguaxes como o teatro, o clown, os monicreques e as propostas de rúa. Nesta ocasión, levarán a escena o universo de Sinfonía de Soños acompañados en directo pola música da Atlántida de Matamá.
O resultado será un espectáculo pensado especialmente para nenos e nenas acompañados das súas familias, no que a música dunha banda sae do seu formato habitual para dialogar co teatro e converterse tamén en parte da historia que acontece sobre o escenario.
Hora
29 agosto, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




