>

17xul(xul 17)19:0019(xul 19)14:00Festa da CulturaAS NOSAS FESTAS | De balde19:00 - 14:00 (19)(GMT+02:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

A Porta do Sol será o escenario da Festa da Cultura, que se celebrará os días venres 17, sábado 18 e domingo 19 de xullo. A programación dará comezo cada xornada ás 19.00 horas e ofrecerá actuacións de baile galego, canto, grupos de pandeireteiras, baile moderno, grupos de gaitas e regueifas.

O venres 17, ás 21.30 horas, terá lugar a Foliada da Cultura, unha celebración aberta á participación cidadá na que se anima ao público a levar o seu instrumento e unirse á festa.

O sábado 18, ás 22.00 horas, a protagonista será a Banda de Gaitas Coribantes, que ofrecerá un concerto seguido dunha gran festa.

Hora

17 xullo, 2026 19:00 - 19 xullo, 2026 14:00(GMT+02:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events