Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 continúa co seu Festival de música de cámara ‘Sinerxias’ cun programa singular titulado “Resonancias íntimas”, que propón unha inmersión na revolución silenciosa de dous
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo 430 continúa co seu Festival de música de cámara ‘Sinerxias’ cun programa singular titulado “Resonancias íntimas”, que propón unha inmersión na revolución silenciosa de dous compositores de séculos e mundos distintos, pero unidos pola súa capacidade de innovar e emocionar a través do cuarteto de corda: Wolfgang Amadeus Mozart y Aleksandr Borodin.
O directo terá lugar o vindeiro sábado 18 de outubro ás 20:30 horas na Concatedral de Santa María de Vigo (Colexiata). A entrada será libre ata completar aforo, con asentos reservados para os socios e amigos da orquestra.
Mozart e a ousadía do “Cuarteto das Disonancias”
A velada abrirase co Cuarteto no 19 en Do maior, K.465, coñecido como o “Das Disonancias”. Esta obra, escrita en 1785 e dedicada a Joseph Haydn, rompeu moldes coa súa introdución tensa e sorprendente, converténdose nun símbolo da xenialidade de Wolfgang Amadeus Mozart. Como recoñeceu o propio Haydn ao pai do artista após recibir as obras: “O teu fillo é o maior compositor que coñezo, tanto de nome como de feito.”
Borodin: música como amor A segunda parte estará dedicada ao Cuarteto no 2 en Re maior de Alexandr Borodin, composto en 1881 en homenaxe á súa esposa no 20 aniversario do seu primeiro encontro. Cun lirismo apaixonado e melodías inmortais —como o célebre Notturno—, esta obra é unha das xoias do Romanticismo ruso.
Un elenco internacional O Ensemble Vigo 430 reunirá nesta ocasión un cuarteto de excepción con dúas artistas internacionais de primeiro nivel: Claire Wells (violín I, EUA) Mario Péris (violín II) Javier Escobar (viola) LiLa (violonchelo, China)
Wells e LiLa son artistas de ampla traxectoria, formadas en institucións como o Curtis Institute of Music, a Hochschule für Musik de Berlín e o Shanghai Conservatory. A violinista estadounidense Claire Wells desenvolveu unha intensa carreira internacional tanto como solista coma en música de cámara. Formada no Curtis Institute of Music e na Hochschule für Musik de Berlín, foi laureada en prestixiosos concursos como o Menuhin International Violin Competition, o Concours International Tibor Varga o International Violin Competition of Indianapolis, Michael Hill International competition e International Jean Sibelius competition.
A violonchelista chinesa LiLa combina a súa actividade como solista con unha destacada traxectoria en música de cámara. Tras formarse na Shanghai Conservatory of Music e ampliar estudos en Alemaña, actuou en escenarios como a Elbphilharmonie de Hamburgo, a Philharmonie de París e o National Centre for the Performing Arts de Pequín. Actualmente integra diversas agrupacións en Europa e Asia, e colabora regularmente con novos proxectos que poñen en valor a expresividade e versatilidade do violonchelo.
Hora
18 outubro, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



