Detalles do eventos
A Orquestra Galega de Liberación (OGL) é un colectivo artístico formado por unha vintena de músicos e artistas residentes en Galicia, comprometidos co uso das artes de vangarda
Detalles do eventos
A Orquestra Galega de Liberación (OGL) é un colectivo artístico formado por unha vintena de músicos e artistas residentes en Galicia, comprometidos co uso das artes de vangarda e a improvisación como ferramentas de creación espontánea e exploración. Este proxecto, en constante evolución, reúne a intérpretes cunha sólida traxectoria internacional en campos como a música clásica e contemporánea, o jazz, as músicas de vangarda, a danza e a performance.
Ao longo da súa curta traxectoria, a OGL publicou tres discos nos que toda a música foi composta en tempo real empregando técnicas de vangarda como o Soundpainting, unha linguaxe de signos aplicada á composición en directo. Este enfoque creativo non só reflicte o seu carácter experimental, senón tamén o seu interese por empregar a arte como medio transformador das realidades sociais. A OGL é un proxecto consolidado e profesional, pero aberto e en construción permanente ao mesmo tempo.
Ficha artística
Xacobe Martínez Antelo (dirección), Max Gómez (batería), LAR Legido (batería), Carlos Freire (percusión), Javier Pereiro (trompeta), Olivier Cano (saxo alto), Xosé Miguélez (saxo tenor), Diego Alonso (saxo tenor), Rosolino Marinello (clarinete baixo), Rubén Fernández (voz), Elena Vázquez (violín), María José Pámpano (viola), Macarena Montesinos (violoncello) y Saúl Puga (contrabaixo).
Hora
14 febreiro, 2026 20:00(GMT+01:00)


