09ago22:00A ópera 'Nabucco' chega a CastrelosCONCERTOS | De balde22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
Este ano haberá polo menos dous espectáculos operísticos en Castrelos e unha zarzuela. O alcalde, Abel Caballero, vén de anunciar que a ópera Nabucco será representada no Auditorio
Detalles do eventos
Este ano haberá polo menos dous espectáculos operísticos en Castrelos e unha zarzuela. O alcalde, Abel Caballero, vén de anunciar que a ópera Nabucco será representada no Auditorio de Castrelos o domingo 9 de agosto. Súmase á opera Carmen de Bizet, que se representará o 24 de xullo; e a noite de zarzuela, que terá lugar o 1 de agosto.
Nabucco, composta por Giuseppe Verdi e conformada por catro actos, foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán. Baseada no Antigo Testamento, na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois, ambiéntase no conflicto bélico entre hebreos e babilonios.
En Castrelos será representada pola prestixiosa Ópera Nacional de Moldavia, conformada por 75 artistas coma solistas, coro e orquestra, que prometen unha impresionante posta en escena.
- 2 de xullo – Deep Purple
- 18 de xullo – Coral Casablanca
- 24 de xullo – Ópera Carmen
- 30 de xullo – Chayanne
- 1 de agosto – Noite de zarzuela
- 9 de agosto – Ópera Nabucco
- 11 de agosto – The Corrs
- 14 de agosto – Viva Suecia
- 15 de agosto – Iván Ferreiro
Hora
9 agosto, 2026 22:00(GMT+02:00)


