Este é un evento repetitivo

'A nova historia da cigarra e da formiga'

19mar18:00'A nova historia da cigarra e da formiga'PEQUERRECHOS | Desde 8,00€18:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Novo espectáculo para os máis pequenos na Sala Ártika. Os días 19 e 20 de marzo estrearase o espectáculo ‘A nova historia da cigarra e da formiga’.

Idades recomendada: + 4 anos.

Duración: 55 minutos.

SINOPSE:

Quen non coñece a fábula da Cigarra e a Formiga? aquela, da cigarra preguiceira e da formiga traballadora. Mais ímosvos contar unha nova historia que comezou despois dunha noite de tormenta, que fixo que todo cambiara.

Cambiou a vida da formiga, que vivía na saída de emerxencia do formigueiro coidando das flores e cantando as cancións que inventa mentres ninguen a escoita. 

Cambiou a vida de Cigarra, que chega ao fermoso outeiro despois de vagar durante moito tempo buscando un lugar mellor para vivir en paz. Este encontro non vai ser doado, pero será tan necesario… 

Esta tenra historia fala de ser quen de superar os medos de facer nas nosas vidas o que realmente desexamos.

Máis

Hora

(Sábado) 18:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events