bannerImaxinatea

agosto, 2020

14ago(ago 14)12:00A NOVA COLECCIÓN COLMEIROARTE E MUSEOS | De balde (agosto 14) 12:00 Pinacoteca FFR

Máis

Detalles do eventos

Manuel Colmeiro Guimarás (1901- 1999) está considerado un dos membros máis destacados do grupo de Os Novos, artistas galegos que, cara a década dos 30 do pasado século XX, renovaron á linguaxe artística de Galicia ao incorporarlle as revisións que a arte experimentaba en Europa desde finais do século XIX. Dentro de Os Novos, e posteriormente ao longo de toda a súa carreira, Manuel Colmeiro amosará unha personalidade única que, en permanente e coherente evolución artística, farano referencia imprescindible na historia da arte galega contemporánea.

O 17 de novembro de 2017 o Concello de Vigo recibe dos herdeiros do Manuel Colmeiro un importante conxunto de obras do pintor formado por 21 óleos e 145 obras sobre papel. Esta nova colección Colmeiro só caber valorarse como excepcional pola ampla súa cronoloxía; pola súa variedade de temas e técnicas; pola certa calidade das obras, especialmente dos óleos pero tamén de series sobre papel como “Os desastres da Guerra”.

Horario:

Martes a venres: 18 a 21h

Sábado: 12 a 14 e 18 a 21

Domingo: 12 a 14

Luns pechado

Hora

Agosto 14 (Venres) 12:00

Localización

Pinacoteca FFR

Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo, Pontevedra

X