CONGRESO MAR >

02ago(ago 2)20:0003(ago 3)01:00Noite BrancaARTE E MUSEOS | De balde20:00 - 01:00 (3)(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

O sábado 2 de agosto, entre as 20:00 e 01:00 h, celébrase a Noite Branca nos principais museos vigueses, unha xornada na que os mesmos amplían o seu horario de apertura e acollen máis de trinta actividades diferentes. Concretamente, participan Quiñones de León, Pinacoteca Fernández del Riego, Casa das Artes, Casa Galega da Cultura, Verbum, Museo Liste, MARCO, Sede Afundación e Museo do Mar. A programación é a seguinte:

QUIÑONES DE LEÓN

• Visita guiada aos xardíns históricos

• Visita + taller: Expedición sinestésica polo museo: as mil e unha historias da arte

• 22:00 h | Danza contemporánea: Ollos cara adentro de iXa

• 20:30 h | Teatro: O namorado infiltrado de Vicus Teatro

• Xogo de pistas: Xincana do Marqués de Alcedo

PINACOTECA FERNÁNDEZ DEL RIEGO

• Visita comentada á exposición Irene Ceballos, relato verídico da viúva de Policarpo Sanz

• Visita guiada pola Colección Colmeiro

• Visita comentada pola exposición de Castelao

• 21:00 h | Maxia: Ilusións a curto prazo de Magia en la Manga

• 20:00 h | Teatro: Os ourizos, o musical de Barafunda Teatro

CASA DAS ARTES

• Taller Createctura (para o público familiar)

• Visita comentada con Pilar Alonso, a autora, pola súa exposición Non fun

• Visita comentada pola mostra Litografías. Club de la Estampa de Buenos Aires, 1968

• 23:30 h | Concerto: Ruído no museo de Nicolás Pastoriza na Fundación Laxeiro

CASA GALEGA DA CULTURA

• Visita guiada ao Museo Francisco Fernández del Riego

VERBUM

• 23:30 h | Concerto: Filias e fobias de Samuel Leví y Los Niños Perdidos

• Taller familiar: Palabras para un mundo mellor

MUSEO LISTE

• Visita comentada: Arredor da Cestería

• Pase guiado: De obxectos etnográficos a experiencias artísticas

• Pase guiado: Díxomedíxomes revelados

MARCO

• Visitas guiadas ás exposicións

Para poder participar, é necesario reservar praza a través do teléfono 986 24 01 30 ou do enderezo electrónico reservas.aprmvigo@gmail.com.

Hora

2 agosto, 2025 20:00 - 3 agosto, 2025 01:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events