27out18:00'A nena e os tres osos'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) Libros para soñar
Detalles do eventos
Libros para soñar recibirá mañá a narradora Bea Campos, que vai representar o espectáculo “A nena e os tres osos”. A libraría retoma así as
Detalles do eventos
Libros para soñar recibirá mañá a narradora Bea Campos, que vai representar o espectáculo “A nena e os tres osos”. A libraría retoma así as sesións de contacontos habituais dos venres, a partir das 18:00 horas, para nenas e nenos dende 3 anos. Esta actividade enmárcase nun programa de promoción da lectura que conta co apoio do Ministerio de Cultura e Deportes a través do Plan de Fomento da Lectura 2021-2024.
Nesta ocasión, Bea Campos vai ofrecer unha peza visual baseada nun dos contos clásicos da literatura infantil e xuvenil que, en KALANDRAKA, ten dúas versións: “Os tres osos” e “Rizos de Ouro e os tres osos”, ambos con adaptación de Xosé Ballesteros e ilustracións de Miguel Tanco e Oliver Douzou, respectivamente.
A función que se vai representar mañá en Libros para soñar é unha proposta teatral con monicreques e cancións: unha divertida montaxe na que unha maleta pode ser unha casa, un caldeiro pódese converter nun asento e uns calcetíns transfórmanse nunha familia de osos.
Ata fin de curso, Libros para soñar acollerá unha sesión mensual no marco desta iniciativa, en torno a temáticas, xéneros e estilos diferentes: música, lingua de signos, artes plásticas…
Hora
27 outubro, 2023 18:00(GMT+02:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra


