REVISTA ABRIL

30xan19:00A muller viguesa nos primeiros 60 anos do século XXACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

O século XX é o da conquista dos dereitos por parte da muller. A educación da muller fíxose indispensable para o novo ideal feminino que se forxaba na Europa industrializada e en América. As mulleres das clases burguesas e altas, dentro do panorama de desenvolvemento económico e social que viña desde finais do século XVIII, tiñan como marco xeral o do fogar e o do coidado da familia, situación que as levou a concienciarse sobre a inxustiza que padecían. Xurdiu entón o movemento sufraxista, que xa desde finais do século XIX comezou a reclamar o voto das mulleres.

Dolores Elena Durán, autora do libro “La mujer viguesa en los primeros 60 anos del siglo XX” (Instituto de Estudios Vigueses, 2023) céntrase na cidade de Vigo, que non vai ser allea a ese movemento colectivo, como así o demostran as diversas reivindicacións e cambios que se deron aquí ao longo da segunda metade do século XIX e primeiros anos do XX.

Máis

Hora

30 xaneiro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events