BannerArribada

setembro, 2019

26set(set 26)12:0030abr(abr 30)12:30A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria en GaliciaARTE E MUSEOS | De balde(setembro 26) 12:00 - (abril 30) 12:30 Museo Liste

Máis

Detalles do evento

O xoves, 26 de setembro ás 12:00 h., terá lugar na sede do Museo Liste – Etnográfico de Vigo unha visita guiada especial a través das distintas salas do Museo na que contaremos cun anfitrión de excepción e gran comunicador, D. Xavier Castro. A visita constará dun percorrido temático pola exposición permanente a través de distintas pezas que conforman un completo cadro da nosa cultura alimentaria, para rematar na exposición temporal “A mesa farta. Etnoloxía e cultura alimentaria en Galicia”, comisariada polo relator. Xavier Castro é catedrático de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago; autor de varias publicacións sobre a historia social de Galicia, concretamente sobre a vida cotiá, a alimentación, a bebida e a muller.

Hora

Setembro 26 (Xoves) 12:00 - Abril 30 (Xoves) 12:30

Lugar

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

X