
Detalles do eventos
Presenta á autora: Sara Vila, responsable de Comunicación en Xerais Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes
'A materialidade das fillas de Lupa' de Inma Otero
Presenta á autora: Sara Vila, responsable de Comunicación en Xerais
Nos últimos anos constátase un incremento das narracións que se centran no devir dos personaxes e, sobre todo, das personaxes, fronte a outro tipo de tramas. Dentro das propiedades das que emerxen as protagonistas ten especial relevancia a de xénero. Ser rexistradas como personaxes mulleres activa outros trazos satélites que as dotan dun atractivo especial para a arte. Desde o punto de vista da ontoloxía da arte e do novo realismo analízanse os tipos de obxectos ficcionais femininos que aparecen na narrativa galega do século XXI e as inscricións das que xorden, desde a convicción de que as personaxes, tamén os personaxes, existen.
Máis

(Martes) 19:00
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra