bannerRevistaOnline

abril, 2021

17abr20:00A lingua das bolboretasESPECTÁCULOS | 8,00€20:00 Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O público será testemuño do proceso de aprendizaxe que emprende o protagonista da man do mestre da escola (unha figura que simboliza a liberdade que xera o coñecemento da realidade e o respecto cara o próximo) e é testemuña tamén da traxedia que supuxo vivir con medo, do cru impacto que xera o estalido dunha guerra civil. A través da entrañable relación que manteñen o mestre, don Gregorio, e o neno, vaise descubrindo paulatinamente ante o espectador a beleza daquelas realidades cotiás que pasan inadvertidas (como o mundo dos insectos), facendo partícipe ao receptor da historia da fascinación infantil do protagonista ante o descoñecido e do sufrimento que provoca a represión das liberdades humanas.

SARABELA TEATRO

Podes facerte coas entradas a través de http://vigocultura.woutick.es/ ou ben no despacho de billetes do Auditorio os venres e sábados de 18:00 a 20:00 e os domingos de 10:30 a 12:30 e de 16:00 a 18:00.

Venres 16 ás 20:00
Sábado 17 ás 20:00

Máis

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X