
Detalles do eventos
Vigo será unha das paradas da xira na que Toquinho celebra 60 anos de carreira musical cun espectáculo no que revisará os grandes éxitos do seu repertorio coa
Detalles do eventos
Vigo será unha das paradas da xira na que Toquinho celebra 60 anos de carreira musical cun espectáculo no que revisará os grandes éxitos do seu repertorio coa compañía de Camilla Faustino, considerada unha das maiores voces da chamada Nova MPB. No concerto, que se celebra o 10 de xullo ás 21:00 no Mar de Vigo, presentarán as músicas que formaron parte de traxectoria de Toquinho. No show rememora momentos da historia do cantante, lembrando tamén amigos, compositores e socios que axudaron a creala. Ao lado de Toquinho, Camilla Faustino dá cor e beleza ao espectáculo, con seu inmenso talento e musicalidade, traendo toda súa xuventude, carisma e agregando dinamismo e unha dose extra de alegría ao show.
Un referente da música brasileira Nado en São Paulo en 1946, Toquinho é unha figura clave da música brasileira. Formado en guitarra clásica, destacou como compositor e intérprete, e o seu talento levouno a colaborar con lendas como Chico Buarque, Tom Jobim ou Vinicius de Moraes, con quen creou un dos dúos máis entrañables e fértiles da historia da bossa nova. Xuntos asinaron cancións inmortais como Tarde em Itapoã, Regra Três ou Como dizia o poeta. Ao longo da súa carreira, Toquinho lanzou máis de 80 discos e fixo máis de 10.000 actuacións por todo o mundo. A súa obra abrangue desde a música infantil ata a canción de autor, sempre cun estilo recoñecible e unha capacidade única para conectar co público. Tamén ten colaborado con artistas internacionais como Paulinho da Viola, Maria Bethânia, Ornella Vanoni ou Sadao Watanabe. A súa obra é esencial para comprender a historia da bossa nova e da música popular brasileira do século XX. Cancións como ‘Aquarela’, ‘Tarde em Itapoã’ ou ‘O caderno’ forman parte da memoria musical de varias xeracións.
Máis
Hora
10 xullo, 2025 21:00 - 21:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
- Mes actual