XERAIS

26abr10:00Invasión CelesteACTIVIDADES DEPORTIVAS | ESGOTADAS10:00(GMT+02:00) A Sede RC Celta

Detalles do eventos

A Fundación Celta celebra un ano máis a IX Invasión Celeste by Grupo Profand, unha carreira popular xa consolidada no calendario deportivo e social de Vigo, que se celebrará o vindeiro 26 de abril. O evento, que cada ano reúne a centos de participantes, volve combinar deporte, ambiente familiar e solidariedade. A carreira percorre a cidade desde A Sede do Celta ata o estadio de Balaídos.

Un dos piares fundamentais desta cita é o seu carácter solidario. Nesta edición, o Grupo Profand comprométese a achegar un euro adicional por cada euro que os participantes decidan doar voluntariamente durante o proceso de inscrición, duplicando así o impacto das achegas. A recadación destinarase integramente á Asociación CTNNB1 España, entidade formada por familias de nenos con este trastorno xenético grave do neurodesenvolvemento. A asociación traballa no acompañamento das familias, na difusión de información e na promoción da investigación, ademais de impulsar iniciativas de sensibilización social e apoio a terapias necesarias.

A IX edición chega tamén con novidades destacadas para fomentar unha maior participación. A Fundación García Chillón Orlando patrocina unha nova categoría inclusiva, que permitirá que máis persoas poidan formar parte desta festa do deporte. Ademais, incorpórase a modalidade de andaina, ampliando as opcións para quen prefira completar o percorrido a pé.

Modalidades e prezosInscrición na web de Magma
10K, 5K, Andaina e Inclusiva – 16,00 € do 27 de marzo ao 19 de abril (data límite de inscrición)
1K e 50 m – 10,00 €

Horarios de saída
10:00 h, no Rúa Príncipe – 10K, 5K, Andaina e Inclusiva.
11:30 h no interior de Abanca Balaídos – Categorías base: 1K e 50 m (acceso pola grada de Río)

Entrega de dorsais
Os dorsais poderán recollerse o día previo, o sábado 25 de abril, na tenda oficial do Celta de A Sede na rúa Príncipe en horario de 10:00 h a 21:00 h. Ademais, o domingo entregaranse os dorsais de 8:30 h a 9:30 h na tenda de Príncipe para as carreiras de 5K, 10K, a andaina e a modalidade inclusiva. Pola súa banda, en Abanca Balaídos poderán recollerse os correspondentes á carreira de 1K e 50 m.

Hora

26 abril, 2026 10:00(GMT+02:00)

Localización

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

Other Events