REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

A ILLA DA DESLEMBRANZA

19feb20:00A ILLA DA DESLEMBRANZAPEQUERRECHOS | Desde 8,00€20:00(GMT+01:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Os recordos da avoa de Uxía van e veñen como as ondas do mar e o seu ollar mesmo parece perderse nun océano profundo. Que lle está a pasar? Como Uxía, unha nena de dez anos pode axudar a recuperar eses recordos ou, tal vez, acabarán todos na illa da deslembranza?

A Illa da deslembranza da compañía Ártika é un traballo creado a base de metáforas e gran forza visual que achegará aos máis cativos un tema tan importante como o alzheimer. Iso si, este achegamento farase dun xeito fermoso e suxestivo. Unha obra dirixida principalmente a un público infantil pero que axudará tamén a que os máis maiores se acheguen a esta enfermidade dende o punto de vista dunha nena.

Hora

Venres 18 e 25 de febreiro de 2022 ás 20:00h

Sábado 19 e 26 de febreiro de 2022 ás 20:00h

Domingo 20 e 27 de febreiro de 2022 ás 18:00h

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events