VIALIA
REVISTA NOVEMBRO

A hora dos contos: Cris de Caldas

07mai18:00A hora dos contos: Cris de CaldasPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura.

Nesta ocasión visítanos Cris de Caldas para contarnos que ‘A cor rosa non é unha cor de nenas nin a cor azul é de nenos’. As cores, cores son. Ao igual que os xoguetes, os contos e a vida enteira.
É unha sesión de contos onde destaca a igualdade, o pacifismo e o humor de tal xeito que invita á reflexión sen aburrimento.

Destinatarios: Público infantil a partir de 3 anos.
Entrada de balde con inscrición previa de maneira presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou ben a través do teléfono 986 267 759.

Venres 7 ás 18:00

Máis

Hora

7 maio, 2021 18:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events