Detalles do eventos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin
Detalles do eventos
A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que nos visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión visítanos o contador Caxoto.
Contos a pé de rúa
Neste espectáculo Caxoto transformase nun barrendeiro que fai unha entrada inesperada e ante un público expectante decídese a contar algún dos contos que le mentres limpa nas bibliotecas e os colexios municipais. Algunhas veces contos de medo, outras contos cheos de fantasía, contos tradicionais, … todo misturado con xogos, cantigas, … un plan perfecto para escoitar sentados co cu no chan e os pés coma os indios.
Hora
11 outubro, 2024 18:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra



