CAMELIAS NADAL

21nov18:0019:00A hora dos contosPEQUECHOS | De balde18:00 - 19:00(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A hora dos contos é un proxecto de animación á lectura no que visitan diferentes artistas coas súas maletas cargadas de historias, co fin de fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos libros e a lectura. Nesta ocasión a animadora será Marta Ortíz co seu espectáculo; Canta, Buguina, canta.

SINOPSE

Pum, pum!
Canta para nenos e nenas, para viaxar xuntas en igualdade, con amor e respecto.

Soprando a nosa buguina, comezaremos a viaxe polo mar. Visitaremos illas onde viven caracois, galiñas poñedoras e vacas. Regaremos a herba. Xogaremos coa marea que sobe e baixa.
Cantaremos cancións sobre a lúa e faremos barcos de papel para continuar viaxando lonxe.
Brincamoscoaimaxinaciónrecreandoanimaisconobxectos,barcoseillasdepapel,unmardeteaaosondamúsicaeaspalabras.
Canta,Buguina,canta é un espectáculo para primeira infancia que ten como obxectivo xogar coa palabra e a poesia, coas cancións e contos, cos xogos visuais e sonoros que serán o berce da literatura.

A actividade é para nenos e nenas de a partir de 3 anos.

Hora

21 novembro, 2025 18:00 - 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events