bannerConfinarte
bannerSGPL

abril, 2020

30abralldayA hora do conto: O galo KirikoPEQUERRECHOS | De balde(Todo o día: xoves)

Máis

Detalles do evento

Afundación en casa continúa coa súa iniciativa para as máis pequenas e os
máis pequenos da casa. Trátase de «A hora do conto», na que todos os martes e xoves
se presentará unha sesión de contacontos con relatos fabulosos. O martes 28 de
abril, continuará esta sección con O galo Kiriko, unha narración de Carles García
Domingo, coa compañía Zarándula.
Carles García Domingo procede dunha familia de narradores e vendedores ambulantes
e contistas. Iso levouno a vivir os contos tradicionais, desde moi novo. Relatos
marabillosos, historias cargadas de ironía e sabedoría tradicional. Na actualidade, o
seu repertorio componse na súa maioría destes contos tradicionais, pero tamén de
versións propias.

Afundación en casa é o novo portal web de acceso libre e gratuíto, creado a
instancias de ABANCA e a súa Obra Social, no que se verte, durante esta etapa, toda a
actividade que o equipo de Afundación continúa planificando e desenvolvendo desde
os seus domicilios.

Hora

Todo o día (Xoves)

X