VIALIA
bannerPicnicSesions

A historia de Brancaflor

04xan17:30A historia de BrancaflorPEQUERRECHOS | De balde17:30(GMT+01:00) Museo Verbum

Detalles do eventos

As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes… Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír da imaxinación de nenas e nenos.Nesta montaxe, ese é o punto de vista co que nos achegamos á lenda popular de Brancaflor, a filla do Demo, a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma Contos marabillosos.

Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan, á que se opón o malvado pai da rapaza. Con Fran Rei como protagonista, A historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersoal de Os Sete Magníficos Máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía na arte das e dos contacontos.

Baixo a dirección do Premio María Casares Avelino González, nesta obra a narración vén acompañada con xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo, animando á lectura dunha maneira distinta.

Mércores 4 ás 17:30

Máis

Hora

(Mércores) 17:30(GMT+01:00)

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events