BannerEscolasInfantis
bannerSGPL

febreiro, 2020

16feb10:00A Gran BikedadaACTIVIDADES DEPORTIVAS | -10:00 Montero Ríos

Máis

Detalles do evento

“Vas en tempo!” é o lema do arranque da Gran Bikedada 2020, sétima edición da proba de bicicleta de montaña a celebrar o 16 de febreiro próximo e que mantén o seu percorrido habitual con saída e meta en Vigo.

Con esta mensaxe a organización quere dicirlle a un amplo espectro de afeccionados á bicicleta de Galicia, norte de Portugal ou Castela e León e da cidadanía viguesa, en particular, que a algo máis de dous meses e medio para a celebración da proba, están a tempo de coller a bicicleta e adquirir a condición física indispensable para participar con garantías nunha das 3 distancias que a actividade propón: gran fondo (100 km), fondo (70 km) ou medio fondo (42 km).

Itinerario
Mantense o itinerario tradicional entre Vigo e o encoro de Eiras en Fornelos de Montes, a través dos municipios de Redondela e Pazos de Borbén, con regreso a Vigo.

Na edición do pasado febreiro bateuse o récord con 700 ciclistas.

Para as distancias de fondo e gran fondo será obrigatorio o paso pola parroquia de Castiñeira en Redondela, onde estará situado un control de paso electrónico. É dicir, nesta edición non se contabilizará como distancia de fondo ou gran fondo as daqueles participanes que non suban o monte de Amoedo.

Trátase dunha proba esixente na súa distancia longa e na de fondo, polo percorrido e pola época do ano na que se celebra. Non acumula grandes desniveis, pero o perfil do gran fondo ofrece 3 subidas de entidade e tramos chairos de terreo brando nos que o rozamento é importante, chegando a xerar un desgaste que non garda relación co desnivel do terreo, destacan os organizadores.

Ir á distancia longa supón chegar tamén a Amodeo (segundo punto de avituallamiento) dentro dun tempo determinado; é dicir, sen acumular un atraso excesivo. Isto obriga a manter en ellano un ritmo vivo e sostido. É habitual que se formen grupos ou “trens” no percorrido, que rodan estirados, algo pouco común nas probas de bicicleta de montaña. A organización di que participar na Gran Bikedada é entrar nun “territorio de emocións”.

Participantes
Na Gran Bikedada poden inscribirse ciclistas federados e non federados. Os participantes de 14 a 15 anos só poderán optar pola distancia máis curta. Os de 16 e 17, como máximo pola de fondo. Só os maiores de 18 anos poderán participar en gran fondo ou en calquera das dous anteriores. Os menores de idade deberán presentar unha autorización paterna, materna ou do seu club, no caso de estar federados.

A fase de incripción ordinaria estará aberta ata o 25/01/2020 e a fase solidaria ata o 10/02/2020. Despois desta última data non se admitirán inscricións.

Organiza esta proba Social Ciclismo Fan Manager (SCFM) coa colaboración do Concello de Vigo, Fundación Deporte Galego e Deputación de Pontevedra, entre outras entidades. Ademais dos clubs ciclistas habituais: Vigués, Teis, Coruxo, Spol, Lamprea e Federación Galega de Ciclismo.

SCFM céntrase na función máis social do ciclismo e do deporte, polos ámbitos nos que se move e preocúpanlle as cuestións da saúde vinculada ao deporte.

Hora

(Domingo) 10:00

Lugar

Montero Ríos

Rúa Montero Ríos 36201 Vigo Pontevedra

X