febreiro, 2019

17feb09:00A Gran Bikedada 2019CARREIRA | Desde 9,90€09:00 Peirao do Náutico

Máis

Detalles do evento

A Gran Bikedada é un evento deportivo en bicicleta de montaña con opcións de medio fondo, fondo e gran fondo, de carácter non competitivo, promovido por Social Ciclismo Fan Manager (SCFM), como eixo central do programa de actividades, e celebrarase o domingo 17 de febreiro de 2019, entre Vigo e o Encoro dás Eiras (Fornelos de Montes), con regreso a Vigo.
O seu fin último é benéfico, en favor do proxecto humanitario Rede Concordia, que a citada asociación xestiona para O Progreso (Guatemala).
SCFM é unha asociación sen ánimo de lucro, non federada, polo que a xestión federativa correrá a cargo do Club Ciclista Vigués, e nos aspectos organizativos contará tamén coa colaboración de Club Ciclista Coruxo, Club Ciclista Teis, Club Ciclista Spol, Club Ciclista Lamprea e Federación Galega de Ciclismo, pois a filosofía do evento susténtase nos postulados de cooperación que propugna Rede Concordia.

A inscrición para participar A Gran Bikedada é obrigatoria e poderase levar a cabo en dous prazos ou fases: ORDINARIA e SOLIDARIA.

A marcha ofrece tres modalidades de participación en función do percorrido:
– Medio fondo: 42,600 quilómetros.
– Fondo: 64,800 quilómetros.
– Gran fondo: 95,700 quilómetros.

Hora

(Domingo) 09:00

Lugar

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

X