VIALIA
GIRANDO POR SALAS

'A Galicia deseñada'

13mar19:30'A Galicia deseñada'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

A Galicia deseñada é un percorrido único pola historia e a cultura do deseño galego, narrado a través dunha selección de 100 símbolos, marcas e identidades gráficas que axudan a comprender como evolucionou o noso patrimonio visual. Esta obra nace co propósito de contribuír á creación dunha historiografía do deseño galego e ofrecer un catálogo de referencia para a divulgación, consulta e inspiración das deseñadoras e deseñadores do presente e do futuro.

Organizada en cinco períodos históricos —desde os antecedentes ata a contemporaneidade—, a publicación non só traza unha secuencia narrativa coherente, senón que tamén busca establecer pontes entre épocas, interpretando a historia como un relato colectivo.

O volume, de 700 páxinas, divídese en tres partes: unha primeira, con textos que exploran a nosa memoria gráfica no contexto dos grandes movementos globais; unha segunda, que presenta cen marcas acompañadas de explicacións contextuais; e unha terceira, de 250 páxinas, que reúne fotografías de aplicacións gráficas en soportes tan diversos como carteis, libros ou obxectos.

A Galicia deseñada é, en última instancia, unha invitación para tomar conciencia do noso patrimonio gráfico e a celebrar o deseño como unha ferramenta esencial ao servizo da sociedade.

Máis

Hora

13 marzo, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events