ENCORDASS

10xuñ13:23A Fundación Denís Suárez subasta en Vigo obras de Warhol e MiróARTE E MUSEOS | 180,00 €13:23(GMT+02:00) Hotel Pazo Los Escudos

Detalles do eventos

A II Gala Benéfica da Fundación Denis Suárez, que se celebrará o próximo 26 de xuño en no Pazo dos Escudos, contará cunha poxa solidaria. Obras orixinais de Joan Miró e Andy Warhol formarán parte desta cita que reunirá a figuras da arte, o deporte, a empresa e a acción social.

O gran atractivo da gala está na poxa de tres pezas únicas de arte internacional, cuxos beneficios en parte irán destinados ao proxecto social Miña Casa, Miña Comunidade, impulsado por ACEESCA. Nesta edición ademais doutros artigos, poxaranse dous gravados orixinais de Joan Miró e un de Andy Warhol. Tres obras icónicas que conectan cultura e acción social, e que reforzan o carácter desta gala, xa consolidada como un dos eventos solidarios de referencia en Galicia.

As obras foron cedidas pola consultora internacional AsesorArte. Grazas á mediación de Miguel Naddaf Borrás, director da consultoría e referente no terceiro cector desde hai máis de 25 anos, tanto pola súa presenza no WFP da ONU como presidindo a Fundación para a Cooperación Solidaria, coa cal levan meses participando en diferentes proxectos solidarios comúns.

Ademais da poxa, a velada contará con intervencións inspiradoras, actuacións, coctel, cea de gala e festa nun dos enclaves máis emblemáticos de Vigo. Unha Gala aberta a todo o público que queira asistir, adquirindo as entradas na web da Fundación www.fundaciondenissuarez.com por 180,00 € (80% deducible na declaración de Facenda como aportación a unha fundación, polo que queda en 36,00 €).

Máis

Hora

10 xuño, 2025 13:23(GMT+02:00)