A frauta en Galicia

19mai20:00A frauta en GaliciaCONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Concerto de Manuel Morales (frauta) e Raúl Rodríguez (piano).

Manuel Morales

Graduado polo RCSM de Madrid con Mención de Honor Fin de Carreira e no RCSM da Haia (Holanda) en frauta travesa e traverso barroco. Premiado no Concurso Internacional de Música de Cámara Guadamora en Pozoblanco (Córdoba) e na prestixiosa Baroque Flute Artist Competition en Dallas (EEUU). Foi solista da Orquestra Sinfónica “Odón Alonso” durante catro anos e colabora activamente con diferentes orquestras e grupos de cámara con instrumentos históricos e modernos.

Formou parte de xurados internacionais en Portugal, España e Ucraína. Ten publicados artigos nas revistas frautísticas españolas así como a traducción do tratado de frauta de Tromlitz (1791). En 2017 publicou Traverso, CD de repertorio a solo do século XVIII en frautas de época. Ten ofrecidas masterclasses e concertos en España, Francia, Portugal, Italia, Turquía, Eslovenia, Bosnia, Serbia e Ucraína. É Doutor en Música (Performance) pola Universidade de Aveiro (Portugal) e catedrático no CSM de Vigo.
Raúl Rodríguez
Compaxina a súa labor de intérprete coa docencia na academia Bambera de Vigo. No seu repertorio mostra interese pola cultura musical Galega. No ano 2021 recibe o Premio Extraordinario Fin de Grao Superior, otórganlle o primeiro premio do VII Concurso de Música de Cámara do Conservatorio Superior de Vigo e o terceriro premio do VI Concurso de Solistas do CSMVigo. Raúl Rodríguez inicia a súa formación pianística da man do seu pai e continúa no Conservatorio Profesional de Pontevedra. Realiza estudios Superiores en Vigo. Durante o ano 2022 realiza o máster de interpretación solista na escola Katarina Gurska cos profesores Nino Kereselidze e Andrey Yaroshinsky.

PROGRAMA
1a PARTE
María Mendoza (1975)
Zeeland (2013) frauta e piano
Rudesindo Soutelo (1958)
Alvias Lear (2015) frauta soa
Juan Eiras (1977)
Haiku (2022-23) (estrea absoluta) frauta e piano
Paulino Pereiro (1957)
6 Bagatelas op. 251 (2015) (estrea absoluta) frauta e
piano

2a PARTE
Jesús González (1965)
Por la Paz (2004) frauta e piano

  1. Prólogo
  2. Song
  3. Epílogo
    Helena Palma
    Bosques (2022-23) (estrea absoluta) frauta soa Rogelio Groba (1930-2022)
    Mímesis (1981) frauta e piano
  4. Moderado ritmico
  5. Andante rubato
  6. Allegro molto ritmico

O venres 19 ás 20:00 h no Auditorio Martín Códax do CSMV.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events