decembro, 2019

13dec19:00'A fraga do meu avó', Mamá CabraPEQUERRECHOS | De balde19:00 El Corte Inglés

Máis

Detalles do evento

A fraga do meu avó está chea de árbores, animais e vida, pero agora vese rodeada de eucaliptos e de xente que tenta cortala.

Para concienciar da problemática dos bosques autóctonos e dos espazos naturais, nace este traballo, cheo de poesía, música e ilustracións para chegar ao corazón de todos e de todas, para que os nenos e as nenas sigan gozando de espazos de vida coma este. Espazos que tan ben coidaron os noso avós.

 

Mamá Cabra son un grupo de música infantil formado por músicos que tocan de todo: batería, percusión tradicional, frautas e gaita, baixo eléctrico, acordeón, guitarra eléctrica e voz.

Coñecidos polos nenos e nenas de toda Galicia pola forza do seu directo, no catálogo de Galaxia ofrécennos dous libro-discos que van levarnos a súa música coma goce delicioso por toda a casa, no coche… onde ti queiras!

 

PARA ASISTIR Ó CONCERTO É PRECISO RECOLLER A INVITACIÓN NO DEPARTAMENTO DE COMUNICACIÓN (PLANTA 7ª) DE EL CORTE INGLÉS DE LUNS A VENRES EN HORARIO COMERCIAL

Hora

(Venres) 19:00

Lugar

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

X