Detalles do eventos
A XIX Festa do Marisco de Vigo celebrará a súa edición máis ambiciosa do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de
Detalles do eventos
A XIX Festa do Marisco de Vigo celebrará a súa edición máis ambiciosa do 27 ao 30 de agosto e do 3 ao 6 de setembro, no recinto de O Berbés. A organización prevé superar os 50.000 visitantes nunha cita que duplica os días de celebración respecto a edicións anteriores.
A organización mantén as principais señas de identidade da festa: “produto local, prezo honesto e calidade sen discusión”. A celebración volverá ademais ao propio porto no que se descarga o produto, reforzando a conexión coa actividade pesqueira.
A XIX Festa do Marisco de Vigo ofrece unha ampla selección de produtos do mar a prezos variados, desde os 9,00 € dos mexillóns á vinagreta ata os 36, 00 € do polbo á feira grande. No menú tamén se poden atopar arroz de mariscos (10 €), ameixas á mariñeira (20 €), vieira á galega (14 €), salpicón de centolo e bogavante (26 €), empanadas, cigalas, nécoras, camaróns, percebes e ostras, entre outras propostas.
Programa musical
28 de agosto, 21:30 h – Asociación Os Ventos de Comesaña
29 de agosto, 21:30 h – Asociación Atlántida de Matamá e Grupo de Gaitas
4 de setembro, 21:30 h – Asociación Musical A Papuxa
5 de setembro, 21:00 h – Algarabía Grupo Folk
5 de setembro, 22:00 h – Club Naval
Ademais, haberá música ambiental durante todo o evento, tríos musicais clásicos os sábados e domingos ao mediodía e actividades infantís os sábados e domingos de 13:00 a 16:00 h.
Horario
De xoves a sábado: 12:00 a 16:00 h e 19:30 a 23:30 h
Domingos: 12:00 a 16:00 h
Hora
27 agosto, 2026 12:00 - 30 agosto, 2026 16:30(GMT+02:00)
Localización
Porto do Berbés
Av. da Beiramar, 31, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




