CIRCODENADAL
AQUALIA

Zsongo Club

20out(out 20)23:30Zsongo ClubAS NOSAS FESTAS | 10,00 €23:30 Molotov

Detalles do eventos

Con sede en Madrid, Zsongo Club é a festa africana máis importante de España. Entre as paradas que teñen previstas polo resto do estado o venres 20 de outubro chegan a sala Molotov onde xa estiveron este verán e conquistaron ao público cuns ritmos pegadizos e un ambiente liberador.

Zsongo Club é moito máis que unha festa Zsongo é un lugar libre de prexuízos, onde todo o mundo é benvido dá igual a ideoloxía, cultura, orixe, orientación ou xénero. O propósito deste evento vai moito máis alá da festa. Ritmos africanos como o afrohouse, afrobeat, afrotrap, R&B, afro pop e especialmente amapiano son os protagonistas, pero a moda é tamén unha peza chave; un espazo onde os outfits son un elemento que enriquecen o acontecemento. e impriménlle un carácter aínda máis especial.

Máis

Hora

20 (Venres) 23:30

Localización

Molotov

Travesía Santiago de Vigo, 1, 36201 Vigo, PO