CASTRELOS 25

01xulTodo o día07Feira do LibroAS NOSAS FESTAS | De balde(Todo o día)(GMT+02:00) Praza Compostela

Detalles do eventos

A Feira do Libro literaria consolídase na praza de Compostela, logo de anos de peregrinaxe polo Calvario e a Rúa do Príncipe. Do 1 ao 7 de xullo, editoras, librarías e autores de toda Galicia ofrecerán presentacións, obradoiros, sinaturas e espectáculos para todas as idades. Este 2025 chega con novidades: 21 casetas, catro máis ca o ano pasado, e un cartel ilustrado pola artista María Lapido, que plasma o lema da feira: Onde florecen os libros.

Co obxectivo de sintetizar todo o que debes saber para gozar durante os sete días de feira, realizamos un artigo que pode consultarse aquí.

No tocante á programación, na carpa de actividades organízanse os seguintes eventos:

Martes 1 de xullo:

  • 12:00 h: Acto inaugural da Feira do Libro de Vigo, pregón a cargo da poeta Nuria Vil
  • 18:15 h: Espectáculo familiar: Os Xogos do Paporrubio, xogos para toda a familia (2 horas).
  • 19:15 h: María Reimóndez presenta A triloxía dos seres completos con Manuel Bragado
  • 19:45 h: Mandrágora. Ritual poético con Branca Trigo (Carpa 2)
  • 20:00 h: Cristina Pato presenta Fora de foco acompañada por Francisco Castro

Mércores 2 de xullo:

  • 12:30 h: Soledad García Riveiro asina Son Xena
  • 13:00 h: Begoña Vázquez asina A voltas co prato
  • 18:15 h: Obradoiro: Follas de Papel, facemos marcapáxinas con papel reciclado
  • 19:00 h: Guada Guerra (Las cosas que nos pasan) e Estela Gómez (Todo es verdad porque nadie
    mira
    ) conversan sobre as súas novelas coa xornalista María Nieto (Carpa 2)
  • 19:15 h: Carolina Arabia presenta De cantos y animales acompañada pola socióloga Iria
    Vázquez Silva. Colaboración co Festival Atlántica
  • 19:45 h: Manuel Bragado presenta Vigo na liña de tempo. Participan o autor e Xoán Carlos Gallego Abad, presidente do Instituto de Estudios Vigueses (Carpa 2)
  • 20:00 h: Bailen as vellas. Os contos das cereixas. Unha proposta de narración oral para público adulto. Con Atenea García e Vero Rilo

Xoves 3 de xullo:

  • 18:15 h: Espectáculo infantil C@nto contigo de Paco Nogueiras
  • 18:45 h: Diego Giráldez presenta As obras póstumas, XLIII Premio Blanco Amor de Novela acompañado pola escritora Ledicia Costas (Carpa 2)
  • 19:15 h: Presentación Valles Profecía, de Marcos de la Fuente
  • 19:30 h: Ledicia Costas asina o súa obra (Carpa 2)
  • 20:00 h: Conversas Follas Novas: Tamara Novoa, xornalista de A movida, conversa con Sandra Lodi, gañadora na categoría Mellor Libro Ilustrado con Papóns.

Venres 4 de xullo:

  • 18:15 h: Teatro para familias: Pedras de cartón representa a obra Carapuchiña vermella
  • 19:00 h: Conversas Follas Novas: Ana Liste, conversa con María Landesa, gañadora na categoría de Poesía con Os pozos elegantes das clavículas (Carpa 2)
  • 19:15 h: Sesión de contos Un niño, un perro, un gato y un pollo con Paula Carbonell.
  • 19:00 h: Samuel L. París presenta Pifostio (Carpa 2)
  • 20:00 h: Francisco Castro presenta Eva tomando o sol acompañado polo director de Produción de Galaxia, Xesús Domínguez

Sábado 5 de xullo:

  • 12:00 h: Rebeca Stones asina Amar sin escalas na caseta de secretaría
  • 12:00 h: Roteiro Literario: O Vigo de Leo Caldas, percorremos os lugares polos que
    transcorren as novelas de Domingo Villar da man de Pedro Feijoo e Guada Guerra.
    Prazas limitas! (Carpa 2) [PRAZAS ESCOGATADAS]
  • 18:15 h: Teatro para familias: Pablísimo representa a obra Cabicivai
  • 18:45 h: Obradoiro de iniciación ao cómic Unha viaxe con Rosalía con Paula Mayor (Carpa 2)
  • 19:15 h: Contacontos Croco con Irene Alonso
  • 19:45 h: Antonio Manuel Fraga presenta Askja con Iria Misa (Carpa 2)
  • 20:00 h: Presentación do libro Luzeiras, con Antía Yañez, Cláudia Morán, Sofía Jiménez e Antía Paz. Modera Carolina Sertal, do Faro de Vigo

Domingo 6 de xullo:

  • 12:00 h: Lemos a Domingo Villar: lembramos a Domingo Villar cunha lectura pública dos seus libros.
  • 13:00 h: Man a Man, espectáctulo poético a dúas voces con Samuel Merino (Pompa & Boato) e Silvia Penas (Carpa 2).
  • 18:15 h: Conta contos en lingua de signos e lingua oral A Maleta de contAZ.Lingua de Signos
  • 19:00 h: Pedro Feijoo presenta Onde nacen as bestas acompañado pola xornalista Guada Guerra (Carpa 2)
  • 19:45 h: Antía Yáñez e Ramón Caride. Mesa redonda sobre violencia machista na narrativa. O clan das barbies e As superviventes
  • 20:00 h: Conversa con Vítor Vaqueiro arredor de Ensaios sobre o efémero (Carpa 2)

Luns 7 de xullo:

  • 18:15 h: Contacontos Bota e zapato con Yolanda Álvarez
  • 19:00 h: La vida del libro Braille, actividad sobre lo que es y lo que fue el libro Braille.
    Impartido por Corina Alfonso promotora Braille da ONCE (Carpa 2)
  • 19:15 h: Mercedes Bangueses presenta Escultura pública en Vigo. Participan a autora e Xoán Carlos Gallego Abad, presidente do Instituto de Estudios Vigueses.

Máis aló destas actividades, hai unha longa lista de sinaturas de libros nas distintas casetas librarías. Para consultala detalladamente, pódese consultar a programación aquí.

Máis

Hora

1 xullo, 2025 - 7 xullo, 2025 (Todo o día)(GMT+02:00)

Localización

Praza Compostela

Praza de Compostela 36201 Vigo Pontevedra

Other Events