REVISTA A MOVIDA >

18xul(xul 18)16:3020(xul 20)21:00A FAVEC celebra case seis décadas con tres días de eventos e Miguel Costas como cabeza de cartelFESTIVAIS E FEIRAS | De balde16:30 - 21:00 (20)(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

A Federación de Asociacóns Veciñais Eduardo Chao  (FAVEC) fai 59 anos e celébrao con tres días de actividades para todos os públicos no Mar de Vigo. Haberá concertos, postos de roupa e artesanía, desfile de moda, exposicións, xogos, manualidades, robótica e concursos de sobremesas. Entrada de balde. Inscricións e reservas no 642 441 634.

FAVEC

A FAVEC agrupa a 35 asociacións e traballa na defensa dos dereitos dos cidadans de Vigo desde hai máis de medio século. Nos últimos meses foi noticia xa que foron desaloxados polo Concello de Vigo da súa sede na praza da Princesa, na que estiveron ao longo de vinte anos. Actualmente traballan de xeito provisional na sede veciñal de Coia. Algunhas das súas últimas reclamacións ao goberno local foron a reapertura da piscina de Teis, pechada desde hai tres anos ou a non privatización das instalacións deportivas municipais

PROGRAMACIÓN

Hora

18 xullo, 2025 16:30 - 20 xullo, 2025 21:00(GMT+02:00)