Detalles do eventos
Unha ducia de mulleres trallaba dende hai meses nun obradoiro de teatro organizado na Casa das Mulleres, dirixido por Irene Moreira, con historias propias e alleas arredor do
Detalles do eventos
Unha ducia de mulleres trallaba dende hai meses nun obradoiro de teatro organizado na Casa das Mulleres, dirixido por Irene Moreira, con historias propias e alleas arredor do concepto da familia. A familia como núcleo de represión , de salvación ou simplemente como lugar común cunhas estruturas na meirande das veces ríxidas que fan que modifiquemos as nosas decisións vitais. A través da sinxela escenificación destas historias analizase o noso presente.
Ao remate da función, a directora de escena Irene Moreira dinamizará un coloquio co público asistente, informará sobre que é o teatro comunitario e analizará o exercicio práctico que se acaba de presenciar. Será un tempo de encontro e intercambio entre o público para poder manter unha conversa colectiva , unha posfunción onde poder relacionarse coas persoas e as súas historias para completar información mutuamente.
Entrada libre ata completar o aforo.
Hora
6 xuño, 2023 19:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
abril

