FAITE AMOVIDALOVER

25feb19:3020:30A fala de Vigo: Encontro con Xosé Henrique Costas Gonzálezactividades para o coco | de balde19:30 - 20:30(GMT+01:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Con motivo do Día Internacional da Lingua Materna, a biblioteca organiza un encontro con Xosé Henrique Costas González, recoñecido filólogo, sociolingüista e profesor da Universidade de Vigo, para afondar na nosa lingua propia a partir do seu libro A Fala de Vigo.

Nesta actividade convidámosvos a descubrir a riqueza e a diversidade do galego das parroquias viguesas, unha fala viva que forma parte esencial da identidade da cidade e da súa contorna. A obra de Costas reivindica o uso do galego popular de Vigo, analizando o seu léxico, as súas particularidades fonéticas e as múltiples influencias históricas e sociais que o conformaron. O libro recolle refráns, expresións e vocabulario propios, moitos deles transmitidos oralmente durante xeracións, que constitúen un patrimonio lingüístico de enorme valor.

A charla será unha oportunidade para reflexionar sobre a situación actual do galego, a importancia da lingua materna como vehículo de memoria colectiva e a necesidade de defender e dignificar as variedades locais fronte á homoxeneización lingüística. Nun ambiente próximo e participativo, o autor compartirá coñecementos, anécdotas e reflexións arredor da fala viguesa e do seu futuro.

Hora

25 febreiro, 2026 19:30 - 20:30(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events