CAMELIAS NADAL

04dec19:00A experta en ecofeminismo Yayo Herrero ten dobre cita en VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Centro Social A Nubeira

Detalles do eventos

A profesora e investigadora madrileña Yayo Herrero chega a Vigo con dúas citas:

  • O xoves 4 ás 19:00 h Claudia Calvache Barbosa e Cristóbal López Pazo conversarán con Yayo Herrereo sobre o seu novo libro Metamorfosis. Una revolución antropológica no CS A Nubeira
  • O venres 5 ás 17:00 h realizará unha charla titulada Poñer a vida no centro no Local de Emaús. Reflexionaremos da importancia do apoio mutuo e de revindicar a vida como unha cuestión prioritaria.

Sobre Yayo Herrero

Consultora, investigadora e profesora nos ámbitos da ecoloxía política, os ecofeminismos e a educación para a sustentabilidade. É doutora en Ciencias Sociais e Política pola Universidade do País Vasco, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, diplomada en Educación Social e en Enxeñaría Técnica Agrícola.

A súa traxectoria investigadora centrouse na crítica ao modelo de desenvolvemento e produción capitalista como ameaza para o planeta e para a vida. Tamén é activista e colabora con diversos medios de comunicación.

Na actualidade é socia de Garúa Sociedad Cooperativa, docente en formacións de posgrao en distintas universidades españolas e directora do consello editorial de CTXT. Foi coordinadora estatal da plataforma Ecologistas en Acción e directora de FUHEM. Participou en libros colectivos como Cambiar las gafas para mirar el mundo (2011), La gran encrucijada (2016) e Petróleo (2018). Ademais, é coautora do libro ilustrado Cambio climático (2019), no que desenvolve unha narrativa divulgativa para facer comprensible o actual colapso ecolóxico.

Sobre Metamorfosis

Fronte ás múltiples crises do noso presente e ás respostas derrotistas que impón a ultradereita e outras forzas que devasan a vida na Terra, debemos promover unha transformación radical da nosa sociedade, unha auténtica revolución antropolóxica.

A través de procesos comunitarios participativos de aprendizaxe, de diálogo e de políticas que abranguen todos os ámbitos da vida, cómpre impulsar unha metamorfose social que garanta un futuro xusto para todas as persoas a escala planetaria.

Yayo Herrero, neste ensaio, analiza a deriva do capitalismo extractivista e, desde unha ollada ecosocial, expón argumentos e estratexias para abandonar a cultura do extravío na que nos atopamos, e establece as bases para achegarnos, cada vez máis, a outro mundo posible.

Hora

4 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)

Localización

Centro Social A Nubeira

R. de Pizarro, 6, Santiago de Vigo, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events