REVISTA FEBREIRO

03ago23:00Jason Derulo en CastrelosCONCERTOS | 15,00 €23:00(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O concerto de Jason Derulo cambiou de data por motivos loxísticos do 8 ao 3 de agosto. A empresa organizadora alega unha serie de factores loxísticos imprevistos relativos á dispoñibilidade e distribución dos materiais técnicos necesarios para a realización do devandito concerto.

O artista norteamericano Jason Derulo é a oitava actuación confirmada para este verán no auditorio de Castrelos. Despois de Gente de Zona e Trueno, o concerto de Jason Derulo é a terceira confirmación dun artista internacional para o Vigo en Festas deste verán. Un cartel con bastante presenza de mulleres españolas entre as que atopamos a Ana Belén, Rozalén, Vanesa Martín e India Martínez.

O músico e actor norteamericano, de ascendencia haitillana, é unha das figuras destacadas do trap latino e o reggaeton, con éxitos importantes a nivel mundial como Mamacita ou Colors, un dos himnos do Mundial de Fútbol do 2018. O músico deterá en Vigo a xira titulada Be the First to Hear About. Jason Derulo é a figura máis internacional das ata o de agora anunciadas polo Concello de Vigo para a programación de concertos de Castrelos.

A traxectoria de Jason Derulo está balizada de grandes éxitos desde que se deu a coñecer coa canción Whatcha Say, que chegou ao número uno no Billboard Hot 100. O seu primeiro álbum tamén logrou situarse entre os dez primeiros de Gran Bretaña. O seu éxito máis recente foi Mamacita, coa que obtivo unha gran resposta do público en todo o mundo.

Entradas:

As 5.000 entradas para acudir ao concerto na platea poñeranse á venda o mércores 23 de xullo a un prezo de 15,00 € cada unha. O sistema de compra será o mesmo que o ano pasado: haberá opción presencial en Castrelos e tamén en liña, tanto en horario de mañá como de tarde (de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas). Cada persoa pode mercar un máximo de catro entradas. É preciso levar o DNI, tanto propio como copia do documento das outras persoas, xa que as entradas son nominais e intransferibles.

Calendario de concertos:

12 de xullo – Ana Belén – 10 €
16 de xullo – Infantil: ¿De qué color es un beso?  -Gratis
17 de xullo – Gente de Zona – 10 €
18 de xullo – Trueno – 12 €
21 de xullo –  The Black Keys – 15 €
24 de xullo – Rozalén – 10 €
26 de xullo – Coral Casablanca – Gratis
31 de xullo – Vanesa Martín – 10 €
1 de agosto – Ópera La Traviata – Gratis
3 de agosto – Jason Derulo – 15 €
9 de agosto – Ópera Turandot  – Gratis
12 de agosto – Infantil: La Bella y la Bestia – Gratis
15 de agosto – UB40 ft. Ali Campbell – 12 €
16 de agosto – India Martínez -10 €

Hora

3 agosto, 2025 23:00(GMT+02:00)