Detalles do eventos
A película Rondallas, rodada en diversos escenarios do sur pontevedrés, inicia o seu camiño cara ás salas comerciais cunha première de gran formato en Vigo. A cidade acollerá
Detalles do eventos
A película Rondallas, rodada en diversos escenarios do sur pontevedrés, inicia o seu camiño cara ás salas comerciais cunha première de gran formato en Vigo. A cidade acollerá o evento o vindeiro xoves 11 de decembro nos Cines Tamberlick, nun acto que servirá de antesala á súa chegada aos cines o 1 de xaneiro.
A celebración arrancará ás 19.00 h na Praza Elíptica, onde a Rondalla Gran Sol, a mesma que aparece no filme, ofrecerá unha actuación especial. Media hora máis tarde comezará o photocall, no que se agarda a presenza do director, Daniel Sánchez Arévalo; do produtor, Ramón Campos; e dun destacado grupo de intérpretes: Javier Gutiérrez, María Vázquez, Judith Fernández, Tamar Novas, Carlos Blanco, Fer Fraga e Xosé A. Touriñán, entre outros.
O filme, rodado en Vigo, A Guarda e diferentes puntos do Baixo Miño, relata a historia dun municipio marcado pola traxedia tras o afundimento dun barco no caladoiro do Gran Sol dous anos atrás, un accidente que levou por diante a vida de varios mariñeiros da zona. A dor colectiva impulsa a veciñanza a buscar unha maneira de recuperar o ánimo, xurdindo así a idea de crear unha rondalla: unha agrupación musical tradicional navideña, aberta a persoas de todas as idades e con ou sen formación musical, moi arraigada no sur da provincia de Pontevedra.
Hora
11 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)
Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra


