
Detalles do eventos
Un serán moi especial para celebrar a palabra de 𝗖𝗲𝗹𝘀𝗼 𝗘𝗺𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗙𝗲𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼, coa presentación de Pido unha patria ao mundo, libro que inaugura a nova 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗠𝗼𝗿𝗮𝗶𝗺𝗮 da
Detalles do eventos
Un serán moi especial para celebrar a palabra de 𝗖𝗲𝗹𝘀𝗼 𝗘𝗺𝗶𝗹𝗶𝗼 𝗙𝗲𝗿𝗿𝗲𝗶𝗿𝗼, coa presentación de Pido unha patria ao mundo, libro que inaugura a nova 𝗖𝗼𝗹𝗲𝗰𝗰𝗶𝗼́𝗻 𝗠𝗼𝗿𝗮𝗶𝗺𝗮 da Editorial Elvira, dedicada a recuperar a súa obra esquecida ou inédita.
Neste volume, a patria convértese nun berro, nun desexo irrenunciable e nunha fonda reflexión sobre a identidade, a memoria e a pertenza. Un acto de recuperación literaria e tamén de resistencia cultural.
Participan:
— Xabier Ferreiro, director do proxecto
— Mª Xosé Porteiro, escritora e xornalista
— Xabier Romero, editor de Editorial Elvira
Música en directo a cargo de Pedro Román e Pablo Vila.
Pido unha patria ao mundo
A obra ten un marcado carácter reivindicativo e introspectivo, onde o poeta clama por unha patria que non chega, unha procura que transcende o ámbito político para converterse nunha reflexión existencial e literaria. A patria, presentada como un ideal inalcanzable, mestúrase cunha visión desencantada do mundo e cunha fonda necesidade de identidade e pertenza. A publicación non só é un acto de rescate literario, senón tamén unha contribución esencial á memoria cultural galega e á revalorización dun dos poetas imprescindibles da nosa literatura. Deste xeito, o proxecto editorial non só recupera a voz de Celso Emilio Ferreiro, senón que tamén propón un diálogo entre o seu legado e as novas xeracións de lectores.
Celso Emilio Ferreiro (Celanova, 1912 – Vigo, 1979) foi un dos grandes poetas galegos do século XX, símbolo da poesía social e da denuncia. Comprometido co galeguismo desde novo, fundou as Mocedades Galeguistas e participou activamente na vida cultural e política do país. A súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra (1962), converteuno nun referente da resistencia literaria durante o franquismo. Exiliado en Venezuela nos anos 60, regresou a España en 1973, deixando unha fonda pegada na poesía galega contemporánea. En 1989, dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Máis
Hora
8 xullo, 2025 20:00 - 20:30(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual