A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo – A Movida

abril, 2018

18abr19:00A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe CáccamoVISITA GUIADA Á EXPOSICIÓN | De balde19:00 Sede Afundación

Máis

Detalles do evento

Afundacion, a Obra Social de ABANCA, organizou dúas visitas guiadas á exposición «A dobre páxina. Baldo Ramos e Pepe Cáccamo» con motivo da celebración do Día do Libro. Serán o mércores 18 de abril e o vindeiro luns 23 de abril, en ambos os dous casos a partir das 19.00 h. A mostra poderase visitar ata o vindeiro 28 de abril na Sala de Exposicións I da Sede Afundación de Vigo, de luns a sábado en horario de 17.30 a 20.30 h.

A través desta exposición, o diálogo artístico entre Baldo Ramos e Pepe Cáccamo desenvolve unha nova modalidade comunicativa no proceso de interacción entre a poesía discursiva e a poesía obxectual. O libro, a plataforma clásica da palabra, é agora o soporte físico das intervencións, tensións e conversacións entre ambos os dous artistas, creando deste xeito libros-obxecto de gran valor literario e estético. Son guías, atlas ou novelas abertas a dobre páxina, con materiais que ás veces podemos relacionar co texto, ou que se nos presentan azarosamente. En ambos casos se combinan con todas as integracións, aditamentos e complementos para poderen lograr o status de libro-obxecto, de peza artística.

«A dobre páxina» pódese entender como o terceiro proxecto despois de «Cara inversa», no 2014, e «Libros conversos», no 2016, no que os artistas comezaron a desenvolver esta conversación artística. Na mostra intensifícase a proximidade entre as poéticas discursivas e visuais de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos. O libro de vello é a materia sobre a que traballan, intervindo cada un sobre unha das súas páxinas centrais abertas e enfrontadas, en equilibrio ou contraste de estilos, cun intercambio das linguaxes propias de cada autor. O obxectivo é, ademais de fortalecer os vínculos expresivos que levan construíndo desde hai anos co seu diálogo creativo, a solución dun reto: construír pezas artísticas unitarias nas que se fundan, sen confundirse, e complementen as propostas individuais de cada autor.

Para asistir a calquera das dúas deberás inscribirte neste formulario. Prazas limitadas.

Hora

(Mércores) 19:00

Lugar

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

X